viernes 9 de marzo de 2007

Isaac Díaz Pardo


Únome ó movemento de repulsa pola persecución que dende a dirección de Sargadelos se lle está a facer a Isaac Díaz Pardo, unha persoa entrañable, un galegista que fixo da nosa cultura un referente mundial a través de Sargadelos.

Non hai dereito a semellante ataque, non entendo cómo se pode actuar desa forma cunha persoa que é e foi a alma dun grupo como Sargadelos, baluarte da nosa arte.


Borran o seu nome da web
O desgusto de Díaz Pardo é maiúsculo, entre outras razóns porque o poñen a el de parapeto ante os seus traballadores. Pero non é o único avatar que o histórico galeguista recibiu nos últimos días. Recentemente, os novos directivos de Sargadelos borrárono da páxina web do grupo, que lle servía de enlace exterior. A través do correo electrónico desa web, Isaac Díaz Pardo recibía as mensaxes que lle mandaban moitos galegos da diáspora, principalmente desde América, onde el estivo emigrado durante anos. As razóns aducidas polos directivos é que Díaz Pardo non debía figurar na web porque tampouco tiña xa responsabilidade directa en ningunha das empresas dependentes do grupo.
Para suplir a carencia, Arredemo acaba de abrir a web
escribelleaisaac.info, coa que tratan de darlle resposta "ao agravio informático" contra o histórico galeguista.

1 comentarios:

Mª Paz dijo...

Todo un legado recuperador da memoria histórica de Galicia, o Grupo Sargadelos, a arte galeguista por excelencia, que vai xunguido indisolublemente ó seu nome.
Xa en xuño do ano pasado lle fixeron a desfeita de deixalo fóra da diretiva para adaptar a empresa ós “novos tempos” capitalistas. Agora dínnos que o IGI é empresa allea ó Grupo, entón ¿ por qué aínda figura no despregable da súa páxina?
O colmo da deslealdade chéganos co bloqueo da súa conta de correo ¡canta ruindade!
En verbas do propio Díaz Pardo “ un ten dereito a pensar que este país é único, que esta terra é fermosísima, mais, como diría aquel outro ¡qué carallada de xente!”