martes 30 de junio de 2009

Arraiano Maior da Raia Seca

Adeus vida, adeus ríos, adeus fontes.

A muller gorda con alcuza en Buscalque.

O seu cabelo baixo as augas en Buscalque.


Os canastros, os canastros, os canastros...

X. L. Méndez Ferrín

Quero espallar a nova que adoptamos na Asociación Arraianos de recoñecer como Arraiano Maior da Raia Seca a Xosé Luís Méndez Ferrín o vindeiro 26 de xullo, coincidindo coa celebración da festa transfronteiriza da Madalena en Lobios e Lindoso.

Argallamos un programa co que procuramos recuperar a tradición que en tempos tiñan os veciños destes lugares, que era a de ir a pé ata a fronteira para reunirse alí onde as cadeas separaban e os corazón xunguían os espíritos ceibes dos arraianos, que non deixaron endexamais de racha-los impedimentos para vivir en comunidade como irmáns que somos.

Convidados estadas a gozar connosco desta celebración.

2 comentarios:

Manuel L. Rodrigues dijo...

Estupendísima idea, e máis aínda dándolle ese recoñecemento, moi merecido, a Ferrín. Unha forte aperta desde estes lares...

Anónimo dijo...

parabéns por esta interesante iniciativa