
Hoxe hai nove anos que comezaba a súa andaina por esta rede de fíos invisibles que conduce a calquera sitio a miña web BaixaLimiaXures.com, e hoxe tamén es un bo momento para recordar o que supuña para unha bisbarra coma a nosa poder asomarse ao mundo, algo que agora nos parece do máis natural, non o era no ano 2001, cando internet comezaba a abrirse paso dentro da nosa sociedade e todo era moi rudimentario comezando polas conexións, e rematando polos programas que nos permitían construír esta ilusión que me desacougaba e que coido serviu para algo, pois hoxe camiñamos no horizonte do millón e medio de páxina vistas, e coido que coa colaboración de moitos amigos que desinteresadamente aportaron datos, comentarios e fotografías, BaixaLimiaXures. com fixo de ponte na distancia e serviu para que algúns veciños que viven lonxe da súa terra se encontrasen de novo con esa realidade que cada día ocupaba unha parte do seu pensamento.
Queda moito por facer, tamén é certo que precisa unha renovación en profundidade e espero que máis cedo ca tarde a leve a cabo.
Moitas grazas a todos os que fixestes posible este soño, e unha aperta moi forte para os que dende os cinco continentes vos achegades por esta fiestra que é vosa.









1 comentarios:
Querido amigo Suso: Somos nos os infinitamente agradecidos por brindarnos dende istes nove anos, a emoción de ver unha web.que nos identifica e nos emociona o ver reflexado todo o sentir da nosa entrañable TERRA, LOBIOS.
Unha aperta
Puriña
Publicar un comentario en la entrada