domingo 25 de abril de 2010

25 de Abril é liberdade

A memoria é a vida que nos deron

-entre cantos de loita e liberdade-

aqueles que, por dárnola, morreron.

Victor Campio Pereira.


Nesta data non podo deixar de voar o Alentejo, e deitarme a sombra da aciñeira que Zeca Afonso tan ben recrea nos seus versos símbolo da liberdade, liberdade de Portugal, liberdade dos que nos sentimos tamén portugueses, arraianos, irmáns en definitiva desta península que habitamos.


Recordar algo tan marabilloso, tan enorme (como diría o amigo Joao Luís Días), que acontece en tan poucas ocasións, é un tempo para reafirmarse no que temos e tanto nos custou acadar, algo tan fráxil e que non podemos descoidar, esta liberdade que gozamos é un froito que ten que seguir a sementar e non podrecer endexamais.


Feliz 25 de Abril.


P.D: Hoxe, se me queredes atopar, estou debaixo dunha aciñeira. Quedades convidados.