viernes 22 de julio de 2011

Arraiano maior da raia seca 2011. Bento da Cruz

Pero cuando el sol muere todo se muestra claro,
ya no miente el ocaso ni nos rasga la rosa.
Ben Clark



O día 20 de agosto imos facer entrega do recoñecemento de "Arraiano maior da raia seca" ao escritor portugués Bento da Cruz. Xuntarémonos ás 11 da maña na Terrachán (Entrimo). Como adoita ser habitual nestes cónclaves arraianos, haberá música, poesía e un bo xantar. Xa pola tarde, o Padre Fontes, Arraiano Maior do ano 2010 e o xefe Ferrín farán entrega da guillada de mando ao Arraiano Maior do ano 2011. Para anotarse no xantar e na andaina é preciso facelo canto antes (último día 16 de agosto). Lembrade que a presenza e a asistencia á comida hai que comunicala a través do meu correo electrónico xesusdiaz@gmail.com

NUNS DÍAS PUBLICAREMOS O PROGRAMA PECHADO. Ide facendo sitio nas vosas axendas.