jueves, 9 de agosto de 2012

Arraiano Universal para CEF e Arraiano Maior da Raia Seca 2012 Xesús Alonso Montero


Cartaz obra de Baldo Ramos

Celanova, 31 de agosto do 2012

No centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, a Asociación Arraianos ven de recoñecer como ARRAIANO UNIVERSAL ao autor de Longa noite de pedra.

Ademáis, Xesús Alonso Montero, escritor e académico, ven a ser distinguido co Recoñecemento Arraiano Maior da Raia Seca 2012, que concede anualmente a Asociación Arraianos. Esta distinción xa foi entregada ao escritor Bento da Cruz no 2011, ao Padre Fontes no 2010 e a Xosé Luís Méndez Ferrín, que inaugurou estes recoñecementos no 2009.

Da extensa biografía de Xesús Alonso Montero, destacar os traballos sociolingüísticos, así coma os estudos feitos sobre escritores galegos. Para a nosa literatura xa quedan títulos coma: Cen anos de literatura galega, Decálogo da língua galega, Versos republicanos e outros versos políticos, Curros Enríquez no franquismo ou Castelao na Unión Soviética en 1938.

O autor vigués está vencellado á figura de Celso Emilio Ferreiro, o que dalgún xeito xungue no tempo dous autores irrepetibles da nosa literatura.
 PROGRAMA
10,00 h. Encontro na praza da vila de Celanova.
Lectura do manifesto arraiano.

10,30 h. Rota literaria por distintos espazos relacionados cos literatos nados en Celanova, con lecturas de poemas e música arraiana.
11,30 - 14,00 h. No cemiterio de San Breixo. Nomeamento de Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca do ano 2012, a cargo do Arraiano Maior do ano anterior, Bento da Cruz.

Entrega do recoñecemento como ARRAIANO UNIVERSAL a Celso Emilio Ferreiro Míguez.

Ofrenda floral e recital poético e musical, coa participación de poetas e músicos das terras de Celanova e do val do Limia, ao pé do xacigo de Celso Emilio Ferreiro.

14,30 h. Xantar arraiano no Restaurante Airiños.


PARA ANOTARSE NO XANTAR:
Hai que comunicalo a este enderezo electrónico (xesusdiaz@gmail.com)
ata o día 27 de agosto, e facer o ingreso de 20 euros no número de conta: 2080 0329 31 0040005303, concepto: xantar arraianos.
Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos

17,00 h. Espectáculo multimedia no claustro barroco do mosteiro de Celanova, facendo unha montaxe escénica atractiva e dinámica con intervencións de diferentes persoeiros, poetas, así como as actuacións de diversos grupos musicais.